Antonio Manuel Fraga Allegue naceu en Nogueirosa (Pontedeume) en 1976. Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras. Xa afincado no barrio coruñés de Monte Alto, en 2013 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra «O Castañeiro de Abril». Posteriormente publicou en Xerais «Tártarus» (2016), na colección Fóra de Xogo, e «Escaquis e Romeu» (2018), na colección Sopa de Libros. Coa obra «O bestiario científico de Anxos Nogueirosa» (2108) obtivo o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Este mesmo título foi elixido mellor obra xuvenil de 2019 na Gala do Libro Galego. En 2020 acadou o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra «santoamaro» e en 2021 publica, na colección Merlín, «Papá caníbal». Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como o castelán, inglés, catalán ou éuscaro.
Recibe novedades de MANUEL ANTONIO FRAGA directamente en tu email
I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil
1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tre
Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigacion pola sua conta sobre o suposto canibal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aqui iniciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samain.Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderas escoller o final!
«É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas