Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos ultimos meses: un remuiño de desexos reprimidos, adiccions, descubertas sexuais, veladas ameazas, segredos inconfesables e unha misteriosa caixa de zapatillas de ballet que forma parte da sua historia familiar.Mariña decatarase de que o sacrificio que por ela fixeron durante anos os seus seres mais queridos non merece esmorecer a causa do odio que se profesa a si mesma.Noela Rivas debuta nas nosas letras retratando con brio e fidelidade a mocidade galega actual sen ambaxes, tal e como son, pensan, desexan e actuan.