Novela escrita con intelixencia crítica e sentido do humor, narrada alternativamente polos dous protagonistas. A obra preséntanos as peripecias de dous irmáns influenciados por dous mundos distintos. O do seu pai, un libreiro nostalxico do hippismo, e o da sua nai, unha adiñeirada profesional. Ian -Moonkid- prefire o mundo do pai e considerase un extraterrestre en medio dos seus compañeiros de instituto. Polo contrario, Libby -Liberty- identificase mais coa sua nai e o unico que desexa e ser unha muller respectable e poderosa. O reencontro desta singular familia vai producir situacions de gran comicidade.