Dra. Sonia Villapol Salgado (Bretoña, A Pastoriza, Lugo, 1977) é neurocientífica e profesora. Licenciouse en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona. Traballou como investigadora na Universidade Pierre e Marie Curie VI en París e nos Institutos Nacionais de Saúde en Maryland. Foi profesora na Universidade Georgetown en Washington e, na actualidade, é xefa de laboratorio no Centro Médico de Texas, Houston. Publicou máis de setenta artigos científicos e a súa investigación céntrase no estudo da inflamación e da dexeneración do cerebro, na enfermidade de alzhéimer, na microbiota ou nos efectos da Covid.
Recibe novedades de SONIA VILLAPOL SALGADO directamente en tu email
A pandemia arrasou as vidas e as economías, deixounos unha sociedade máis vulnerable e, como herdanza, a Covid persistente. Algúns quixeron relativizar o impacto, pero outros tentamos axudar a combater o virus. A ciencia foi a taboa de salvacion a que nos agarramos en momentos de incerteza e angustia; protexeunos, achegounos ao benestar e, en definitiva, foi quen nos rescatou da pandemia. Este libro conta como reaccionamos e como o apoio a investigacion trouxo vacinas e terapias, aflorou a esperanza e comezamos a ver a luz ao final do tunel. Grazas ao aprendido, afrontaremos mellor os desafios no futuro, por iso compre coñecer a ciencia e aplicala a conciencia.