A colección de relatos Venus Negra apareceu por vez primeira en Gran Bretaña en 1985 e reeditouse dous anos despois nos Estados Unidos baixo o título de Santos e Descoñecidos. Os contos son froito da imaxinacion revisionista de Carter que ofrece unha serie de retratos e versions corrixidas da vida de protagonistas ben coñecidos e ata certo punto institucionalizados na cultura occidental. A relacion de Edgar Allan Poe coa sua nai, a sexualidade de Puck en O Soño dunha noite de Veran, ou a violencia de Lizzie Borden, a personaxe dun coñecido versiño infantil ingles, convertense da man de Carter en temas obxecto dunha provocativa reescritura. No conto que da titulo ao volume, Carter fai que o famoso poeta Baudelaire apareza descrito desde a perspectiva da sua amante Jeanne Duval, atacando o estereotipo do papel asignado a muller na arte universal como mera fonte de inspiracion.