Nacido en Cures-Vimianzo (A Coruña), Valentín Alvite é licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e traballou durante anos como profesor de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Compaxinou ese labor coa creación literaria, realizando tamén ocasionalmente guións de televisión. Froito desa actividade foron as novelas «O hotel» (2009), premio de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, ou «Relatos para sorrir» (2017), conxunto de narracións de carácter humorístico. Cultivou igualmente o microrrelato, resultando gañador do Premio de Microrrelatos Lonxa Literaria (Moaña) en 2005. En 2019 gañou o Premio Raíña Lupa con «Antía e Daren. O misterio dos torques roubados» (Xerais 2020).
Recibe novedades de Valentín Alvite directamente en tu email
O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policia xa soña cun ascenso. O que non sabe e que dous rapaces, Antia e Daren, tamen estan facendo as suas propias pescudas. Resolverase o enigma dos torques roubados? Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor.