Os faladoiros nos cafés na cidade do Lérez teñen unha fonda tradición, pensemos nos debates mantidos por Castelao, Pío Cabanillas ou Paz Andrade no café Moderno. Estas xuntanzas pódense considerar o xerme do xornalismo moderno. Expresar cada quen o seu parecer, debater con liberdade teñen como virtude a veracidade. O xornalismo esta intimamente vencellado a liberdade de prensa e a calidade de informacion como pilar fundamental. Asi mesmo, manter a poboacion informada do que acontece nunha localidade e na sua contorna crea unha idea de pertenza a un lugar e a unha comunidade, que xoga un papel central para o desenvolvemento dunha cidade, neste caso, Pontevedra. Sonata de Acuario: Andres e un xornalista novo, algo calado e fuxidio, ainda que teimudo. A chegada dunha estudante en practicas empurra o mozo a artellar estratexias narrativas na seccion que cobre no periodico onde traballa para chamar a atencion da rapaza. Alberto Vilaboa