Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos traxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciara unha investigacion na que, en principio, non cre.Concibida como remate da Triloxia da Ribeira Sacra, O baile dos estorniños fusiona de xeito maxistral unha investigacion actual, a cargo do escritor e mais dun personaxe con alma de detective, o Reina, cunha escura e sorprendente trama do pasado. Nela mesturase con poderoso trazo a decadencia dunha familia fidalga (e a vida de criados, labregos e veciños que traballan arredor do pazo no que mora) coa persecucion das partidas de fuxidos do sur de Lugo, o roubo de bebes e a represion do franquismo durante a Guerra Civil e a posguerra.Logo de varios anos de silencio, reaparece Xabier Quiroga na narrativa galega. Faino para, combinando realidade e ficcion e apoiado nunha lingua vizosa de seu, mergullarnos no espazo epico da Ribeira Sacra (centrado esta vez no pazo de Tor, e co lugar de Albaredo, o mosteiro das Bernardas e o pantano de Bouzuas como elementos destacados) e ofrecernos unha historia dura e cativadora na cal ninguen e quen cre ser e case nada do que nos contaron coincide exactamente coa realidade.Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos traxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciara unha investigacion na que, en principio, non cre.Concibida como remate da Triloxia da Ribeira Sacra, O baile dos estorniños fusiona de xeito maxistral unha investigacion actual, a cargo do escritor e mais dun personaxe con alma de detective, o Reina, cunha escura e sorprendente trama do pasado. Nela mesturase con poderoso trazo a decadencia dunha familia fidalga (e a vida de criados, labregos e veciños que traballan arredor do pazo no que mora) coa persecucion das partidas de fuxidos do sur de Lugo, o roubo de bebes e a represion do franquismo durante a Guerra Civil e a posguerra.Logo de varios anos de silencio, reaparece Xabier Quiroga na narrativa galega. Faino para, combinando realidade e ficcion e apoiado nunha lingua vizosa de seu, mergullarnos no espazo epico da Ribeira Sacra (centrado esta vez no pazo de Tor, e co lugar de Albaredo, o mosteiro das Bernardas e o pantano de Bouzuas como elementos destacados) e ofrecernos unha historia dura e cativadora na cal ninguen e quen cre ser e case nada do que nos contaron coincide exactamente coa realidade.
Ver más