Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luís Axeitos, profesor e investigador da literatura galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de grande interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccions nas que se desenvolveu a vida e obra de Murguia, tratando de darlle unha explicacion racional no contexto da cultura europea da epoca. Aportanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da sua vida, repasando todalas suas actividades creativas e profesionais: periodista e autor literario, historiador e constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, politico e academico, e sempre polemico e polemista. Unha coidada biobibliografia introductoria, ordenada cronoloxicamente, permite seguir paso a paso as vicisitudes do personaxe a traves dos correspondentes espacios vitais polos que transitou. O volume inclue, ademais, unha seleccion de fotos e documentos que complementan este esbozo de, Manuel Murguia no que aparece mais proximo, mais humano e, xa que logo, mais noso.