Este non é un libro que se lea dun tirón (ou si).
Cómpre ler e andar por el a modo, como se paseásemos por un xardín sen présa, parándonos a cada paso un pouco aquí, a rente dun arona, un pouco máis
Un libro de relatos que é unha iniciación no amor e na amizade realizada da man de experiencias relacionadas co viño, cos bares de sempre e coa vida a carón das viñas. Sentimentos e humor punteados de ironia nun libro de ficcion que vai a procura dos sabores e recendos que acaban por constituir os praceres da existencia. Desde as primeiras chiscadelas do amor e o asombro ante a beleza, ata a camaraderia espontanea nada a caron da barra dun bar, nestes relatos Xose Manuel G. Trigo recrea vivencias enfiadas arredor da cultura do viño. Poderiase dicir que este e un libro sobre o amor, pero tamen un libro sobre a amizade. Reserva especial e un convite para gozar dos momentos memorables, aqueles que fican agachados nalgures para, de supeto, xurdir asociados a un olor, un sabor, unha cancion ou unha paisaxe. Constituen a esencia dese autentico triangulo sentimental viño, amizade, amor que subministra as necesarias reservas para lle facer fronte ao paso do tempo. Os relatos de Trigo acaban por debuxar o percorrido sentimental dun personaxe, o narrador, que nos envolve nuha prosa chea de matices, da que xorden experiencias asociadas a lembranza de diferentes tipos de viño e de historias relacionados co seu cultivo ou cos lugares onde se conserva e se gorenta. Dun a outro relato, vaise trazando o retrato dun tempo e dunha xeografia que o lector ou lectora ha acabar por facer seus. E a consecuencia da arte literaria, que o autor sabe dosificar en gulapos saborosos ao longo de toda esta Reserva especial da que, a partir de agora, tamen imos ser catadores privilexiados.