Xosé María Álvarez Blázquez


Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985) é o editor, escritor e animador cultural homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), un libro máis intimista. Xerais xa publicara a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras, en 2008, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Códax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998). No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso. Xerais publicou en 2008 A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo (1959), a súa monumental obra sobre a historia viguesa.
Recibe novedades de XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ directamente en tu email
Del 1 al 20 de 27
O QUE BEN CHE QUER (GALLEGO)

OQO Editora 9788498710304


A CIDADE E OS DIAS

XERAIS 9788497827164


EN EL PUEBLO HAY CARAS NUEVAS

DESTINO 9788423304066


ROSEIRA DO TEU MENCER

Edicións Xerais 9788497826921


CANTARES E ROMANCES VELLOS PROSIFICADOS

REAL ACADEMIA GALEGA 9788487987700


CRONICA RIMADA DE BAIONA E O SEU MAR

NOVA GALICIA EDICIONS, S.L. 9788496950740


AÑO PITAÑO

ESPIRAL MAIOR 9788496475816


ESCRITOS SOBRE ARQUEOLOXIA

NOVA GALICIA EDICIONS, S.L. 9788496950719


POESIAS "IRIS" Nº8

Universidade da Coruña 9788497492980


CANLE SEGREDO (1951-1953)

Editorial Galaxia, S.A. 9788498650549


VENTO DE SAL

Editorial Galaxia, S.A. 9788498650525

Ver más ediciones

ESCOLMA DE POESIA MEDIEVAL

CASTRELOS EDICIONS 9788470410819


POESIA GALEGA COMPLETA X. M. ALVAREZ BLAZQUEZ

Edicións Xerais 9788497826877


A PEGA RABILONGA

Editorial Galaxia, S.A. 9788498650556

Ver más ediciones


MARTIN CODAX, CANTOR DO MAR DE VIGO

XERAIS 9788483022306


NA VILA HAI CARAS NOVAS

IR INDO 9788476801499


ENCHEN AS AUGAS

IR INDO 9788476802137


ALEXANDRO BOVEDA

IR INDO 9788476800751


ROSEIRA DO TEU MENCER

XERAIS 9788475076782


Del 1 al 20 de 27