Este libro e unha viaxe pola riqueza do patrimonio lúdico galego, un patrimonio inmaterial no que o xogo e o xoguete tradicional se presentan como ferramentas de aprendizaxe, expresión e transmisión cultural. Estas paxinas son, por unha banda, un convite a exploracion das dimensions educativas, sociais, emocionais e ambientais tanto das practicas ludicas como dos enredos tradicionais e, por outra, unha proposta de recuperacion e divulgacion en diferentes contextos deste tan rico e suxestivo patrimonio. Partindo de experiencias, investigacions e proxectos concretos, a obra proporciona unha ampla variedade de enfoques que reivindican o valor do xogo e do xoguete como parte esencial da identidade de Galicia e incita, en definitiva, a xogar para lembrar quen somos e para seguirmos sendo parte viva da cultura galega.