Este Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, coordinado por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García e redactado por corenta e seis persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha vision tematica que permita encadrar o labor mais directamente filosofico no campo xeral da nosa cultura. De ai a sua division en duas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben na primeira. Deste xeito, o Dicionario, en orde alfabetica, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por cento dez autores, mentres que a Enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura: antropoloxia, pensamento cientifico, dereito, economia, estetica, exilio, feminismo, literatura, matematica, medicina, nacionalismo, pedagoxia, politica, prensa e relixion. Por ultimo os indices onomastico e tematico permiten diversos percorridos, que, conxuntando sincronia e diacronia, poden axudar a unha vision mais integral e realista da nosa cultura. A nomina de pensadores da primeira parte chega aos nosos dias, ocupandose con maior profundidade dos autores fenecidos e delimitando a extension das entradas consonte a importancia do seu pensamento. Para os autores vivos acudiuse, cando foi posible, a informacion dos propios interesados, adoptandose un criterio de estrita austeridade informativa, cinxindoa a datos biograficos basicos e referencia a obra publicada no eido filosofico. Para a redaccion da parte enciclopedica escolleronse estudosos cualificados, cuxa asinatura consta ao final dos mesmos. Ordenados, tamen, alfabeticamente estes traballos de maior extension intentan ofrecer unha vision mais global e panoramica, recollendo problemas, preocupacions ou iniciativas que estan presentes na cultura actual, p
Ver más