Habitar a dor, asumir a perda da autenticidade, sentirse allea na propia realidade, sabendo que, no máis profundo, esa ´eu´ anterior, máis salvaxe e feliz, segue viva. Transitar o sendeiro de espiñas
O barco de Ulises, en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunta os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a decada do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela.Nesta novela, Marta Estevez retrata a infancia da xeracion nacida no 1970 e a dor dos que tiveron que abandonar a sua terra para intentar gañar un futuro en America. Todo baixo a luz fascinante das illas atlanticas.