Puedes leer los eBooks directamente con nuestro visor online, accediendo a nuestra web desde tu móvil o tu ordenador, sin necesidad de descargar nada. Accede a tu área de usuario y empieza a leer.
eReaders*
Puedes conectar tu eReader a tu ordenador y enviar el libro al dispositivo utilizando Adobe Digital Editions.
* Los eReaders de Amazon (Kindle) solo permiten libros de su propia tienda, por lo que no son compatibles.
Ahora tu lectura es multidispositivo, con la App de Tagus, puedes tener todos tus libros en tu tablet y smartphone. Aprovecha cualquier momento para seguir disfrutando de las lecturas que más te gustan.
CHARLOTTE PERKINS GILMAN (1860-1925) nace en Connecticut, EE.UU., e máis tarde vivirá en California. Pasa unha infancia e xuventude con dificultades en Rhode Island, xunto a unha nai abandonada polo marido con dúas criaturas ao pouco de casada. Asiste desde nena á vida dolorosa e frustrada da nai que fora unha nena mimada e bonita, a ``raíña do baile´´, rodeada de pretendentes, e que o casamento e o rol reproductor lle supuxo a destrucción da súa vida e do matrimonio. Parece que o médico lle dictaminara á nai, despois do primeiro parto, que de quedar embarazada de novo probablemente morrería. Charlotte Perkins atribuíu o abandono do pai a este prognóstico médico.
Debido ás circunstancias, criouse con rixidez puritana e coa amargura do desengano. Desde moi nova observou as inxustizas que padecían as mulleres, considerou con ollos críticos a institución do matrimonio e ollaba con indignación como ridiculizaban as escasas mulleres que conseguían entrar na universidade.
A nai someteuna a unha esixencia de perfección e nela desenvolveuse unha verdadeira paixón polos coñecementos científicos.
Comezou de nova a escribir poemas, un deles sobre o tema da prostitución, o que supuña unha enorme ousadía, e a reafirmarse na idea da transformación da sociedade, sen escatimar esforzos. Mesmo receando do matrimonio e sabendo que, unido á maternidade, incapacitaban para a realización do que chamaba ``o seu traballo no mundo´´, casa. Desde o comezo sente que ``algo non andaba ben´´. Ten unha filla ao ano de casar e, ao mes de parila cae nunha ``ruína mental´´, segundo as propias palabras.
Máis adiante, e de acordo co marido, divórciase, vai morar en California e comeza unha vida activa como artista, escribe e pinta, e como activista feminista e socialista. Publica durante anos unha revista, The Forerunnes, da que era o factótum, xa que ela mesma escribía case todos os artigos. Foi conferenciante infatigable, expoñendo a súa ideoloxía por todos os foros durante a última década dos. XIX e as dúas primeiras do XX. É autora de ensaios como Women and Economics, traducido a varias linguas, no que ataca o sistema económico e social que escraviza e humilla as mulleres.
En 1935, abatida por un cancro, recorre a unha sobredose de cloroformo para decidir voluntariamente a súa morte e aforrarlle aos demais e a si mesma un final degradante.