47 POETAS DE HOXE CANTAN A CURROS ENRIQUEZ

XERAIS - 9788483026793

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de 47 POETAS DE HOXE CANTAN A CURROS ENRIQUEZ

Manuel Curros Enríquez foi o primeiro poeta galego coroado en vida, fenómeno que só se repetiría en 1958 con Ramón Cabanillas; coroados co loureiro que expresa o recoñecemento dos pobos polos seus vates máis amados. Na noite daquel 21 de outubro de 1904, dous días antes de regresar a Cuba, Curros foi homenaxeado nunha velada literaria realizada no Teatro Principal da Coruña (hoxe Rosalía de Castro) na que recibiu unha coroa de prata e ouro que, trala súa custodia durante moitos anos nas vitrinas do Centro Galego da Habana, se garda dende 1978 na sede da Real Academia Galega. Vintecinco poetas coroaron cos seus versos a quen expresou mellor ca ningún outro os ideais de modernidade do seu tempo: a xeralización da educación popular, o desenvolvemento da industria e a modernización da agricultura, como instrumentos eficaces para acadar o progreso e o benestar. Vintecinco follas voandeiras, coidadosamente impresas, exaltaron a unha voz radicalmente social, democrática e progresista, fielmente republicana e galeguista; a palabra purificadora e combativa que denunciou con ironía o caciquismo e o clericalismo, a miseria campesiña ou a situación na que se atopaba unha parte da emigración galega; a voz ?da patria aos desterrados, de liberdade e redención aos servos?, como xa sinalaba o poeta na introducción de ?Aires da miña terra?. Foi o propio Curros quen pechou a homenaxe declamando?A o pobo cruñés?, versos intensos nos que se definía como ?o paxaro ao que tallaron o bico, cando empezaba o seu canto? e se despedía emocionado do ?Orzán tempestoso? e da súas xentes máis humildes.47 poetas galegos de hoxe cantan a Curros Enríquez constitúe, tamén, a primeira e máis ampla antoloxía da poesía galega publicada nos últimos anos. Unha contribución que Xerais realiza ó poeta que hoxe Galicia volve recoroar.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483026793

Número de páginas: 94

Encuadernación: Tapa blanda

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Alonso Montero


Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).
Descubre más sobre Xesús Alonso Montero
Recibe novedades de Xesús Alonso Montero directamente en tu email

Opiniones sobre 47 POETAS DE HOXE CANTAN A CURROS ENRIQUEZ


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana