leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego 55

Edicións Xerais - 9788499146980

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de 55

Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta. Xavier Queipo experimenta desde que comezou a súa andaina como escritor coa forma e cos contidos, sempre baixo a sombra tutelar da fascinación e do xogo, da alteralidade e da celebración da palabra. Este libro configura un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis. Queipo presenta un libro que non vai deixar indiferente a quen se mergulle na súa prosa engaiolante. Un longo percorrido de innovación, de prosa mil veces renovada. Un libro para gozar.Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta. Xavier Queipo experimenta desde que comezou a súa andaina como escritor coa forma e cos contidos, sempre baixo a sombra tutelar da fascinación e do xogo, da alteralidade e da celebración da palabra. Este libro configura un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis. Queipo presenta un libro que non vai deixar indiferente a quen se mergulle na súa prosa engaiolante. Un longo percorrido de innovación, de prosa mil veces renovada. Un libro para gozar.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499146980

Idioma: Gallego

Número de páginas: 320
Tiempo de lectura:
7h 36m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/05/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 2.3 cm
Peso: 480.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Queipo


Xavier Queipo
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de «Ártico e outros mares» (narrativa breve, 1990), «Ringside» (contos, 1993), «O Paso do Noroeste» (novela, 1996), «Malaria sentimental» (novela, 1999), «Papaventos» (novela, 2001), «O ladrón de esperma» (contos, 2001), «Os ciclos do bambú» (contos, 2003), «Glosarios» (poesía, 2004), «O espello e o dragón» (literatura infantil, 2005), «Dragona» (novela, 2007), «Caderno da Revolución Cultural» (crónicas radiofónicas, 2007), «Saladina» (novela, 2007), «Felices e diferentes» (crónicas radiofónicas, 2009), «A illa dos cangrexos violinistas» (literatura infantil, 2009), «Cartas marcadas» (ensaio, 2010), «Ártico 2.0» (narrativa breve, 2011), «Extramunde» (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); «55» (relatos, 2014), «Os Kowa» (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), «Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), «Minutos para medianoite» (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), «Corazón de Manteiga» (novela, 2020), «Final feliz» (relatos, 2022) e 66 (Xerais, 2025). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do «Ulysses» de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano. Fotografía do autor: Cé Tomé.
Descubre más sobre Xavier Queipo
Recibe novedades de Xavier Queipo directamente en tu email

Opiniones sobre 55


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana