Alguén está a matar as prostitutas de Putown. O medo esténdese polas súas rúas porque na cidade son elas as que gobernan, as que tomaron conta do propio corpo para que non se lucre del máis ninguén.
Unha novela desacougante e moi orixinal que utiliza os mecanismos do terror, da poesía e o humor para compoñer un universo inesquecible. Emma Pedreira pon patas arriba a literatura contemporánea cunha obra de grande altura literaria.
Ficha técnica
Editorial: Aira
ISBN: 9788412769531
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104
Tiempo de lectura:
2h 23m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/03/2024
Año de edición: 2024
Especificaciones del producto
Escrito por Emma Pedreira Lombardía
Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. Como poeta publicou "Diario bautismal dunha anarquista morta" (1999, Premio Johán Carballeira), "Grimorio" (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), "Corpo" (2001, Premio Faustino Rey Romero), "As posturas do día" (2001), "Velenarias" (2001, Premio Johán Carballeira), "Os cadernos d'amor e os velenos" (2002, Premio Johán Carballeira), "Casa de orfas" (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), "Xoguetes póstumos" (2010), "Antítese da ruína" (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), "Libro das mentiras" (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e "s/t" (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente). Como narradora publicou "Bestiario de silencios" (2001), "As cinzas adentras" (2004), "Corazón e demais tripas" (2016, Premio Narrativas Quentes), "Bibliópatas e fobólogos" (2017, Premio da Crítica de narrativa galega 2018), "Besta do seu sangue" (2018, Premio Xerais de Novela) e "As fauces feroces" (2019). "Os corpos invisibles" gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2019.