A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo.Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo.Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483027035
Número de páginas: 320
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/11/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 490.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.