A FESTA DA MALLA

VV.AA.

XERAIS - 9788483021002

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de A FESTA DA MALLA

A festa da malla, que agora se publica en coidada edición das profesoras Dolores Vilavedra e Noemí Pazó, é en opinión de Manuel Vieites "unha peza construída na súa totalidade a partir de elementos tirados da dramaturxia popular", que enlaza coa tradición dramática e teatral galega de carácter popular, presente quer nas festas de carácter cíclico (entroido, nadais, maios, fiadeiros, muiñadas...), quer noutras manifestacións relixiosas de carácter ritual (romarías, ritos de paso, cancións de curación...). Nesta liña, Antón Villar Ponte fixo de A festa da malla un prontuario de costumes populares relacionados coa colleita e a festa que se celebraba no remate da mesma, integrando, tamén, elementos tirados das festas e celebracións doutros períodos do ano tal que os fiadeiros, cos seus desafíos, ou as muiñadas, cos seus xogos de namorar, ou outros que son comúns a moitas destas manifestacións como a narración de contos e historias. Sesenta anos depois do pasamento de Antón Villar Ponte, a edición e recuperación de A festa da malla, un texto ata hoxe inédito, supón unha merecida homenaxe a unha das figuras máis salientables do galeguismo histórico e un dos homes que con máis afouteza loitou e traballou para que Galicia tivese un teatro de seu, un Teatro Nacional, para que o noso presente fose posible.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483021002

Número de páginas: 75

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/05/2001

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Opiniones sobre A FESTA DA MALLA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana