Este libro, como delata o seu título, é froito de dúas pulsións
radicalmente opostas nun tempo no que Martín Veiga ía atravesara vivencia transformativa de converterse en pai por primeira vez
-“a ganancia máis fermosa”, en palabras do autor- e a experiencia
frustrante de padecer un ataque informático que borroudo seu ordenador -“a violencia ruín da perda”- todos os arquivos
de moitos anos de traballo, entre ensaios, traballos académicos,poemas, anotacións, fotografías...