Esta novela presenta o relato da invasión duns marcianos que aterran no sur de Inglaterra e describe as consecuencias desta destructiva invasión. Pero a obra é máis que isto, xa que pode ser lida coma unha crítica, por parte de Wells, da vaidade que caracteriza ó noso mundo tan satisfeito de si mesmo. Para o crítico Bernard Bergonzi, a obra expresaría por un lado un sentimento de culpa ante o imperialismo británico e o cruel colonialismo, á vez que dramatizaría o medo da sociedade inglesa ante o perigo dunha invasión estranxeira. Neste senso, A guerra dos mundos continuaría a liña doutras obras de autores anteriores nas que se describían guerras imaxinarias e futuras invasións, case sempre de franceses ou alemáns. A novela de Wells encarnaría deste xeito un mito moi representativo do sentir da fin de século. Para Rosslyn Haynes, o autor foi un profeta e un grande innovador, non só polas súas prediccións sobre o futuro, senón pola súa forma de pensar sobre el. A súa actitude faino destacar fronte ó determinismo dos novelistas do século xix porque proporciona, agora coma no seu momento, unha nova perspectiva na que asentar a visión dos seres humanos e as relacións persoais e sociais.
Ficha técnica
Traductor: Gonzalo Constenla
Prologuista: Esther Sanchez
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483022146
Idioma: Gallego
Número de páginas: 237
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Xabarin
Xabarin
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Herbert George Wells
H.G. Wells (1866-1946) és considerat un dels grans pioners de la ciéncia-ficció i una figura central en la literatura del segle XX. Nascut a Anglaterra, Wells va ser un home de vasta curiositat intel.lectual i un profund coneixement científic.