Chisco, un rapaz amigo dos telefilmes e de xogar ó futbolín nos bares, colle o coche de liña para acudir á Casa do Páramo, onde vai pasar uns días cos parentes montañeses. Da cidade ás serras hai escasas decenas de quilómetros, pero media unta distancia de eóns de tempo. Moran alí, hivernados nas covas e florestas do país traseiro, seres medoños que agardan desde as idades escuras o momento de micar o vigor do sangue e o pulso da vida. Esperan a que os convoque a imprudencia e a ambición humana para saciar os seus apetitos horrísonos. Con estas potencias do abismo debe lidar o noso heroe.Chisco, un rapaz amigo dos telefilmes e de xogar ó futbolín nos bares, colle o coche de liña para acudir á Casa do Páramo, onde vai pasar uns días cos parentes montañeses. Da cidade ás serras hai escasas decenas de quilómetros, pero media unta distancia de eóns de tempo. Moran alí, hivernados nas covas e florestas do país traseiro, seres medoños que agardan desde as idades escuras o momento de micar o vigor do sangue e o pulso da vida. Esperan a que os convoque a imprudencia e a ambición humana para saciar os seus apetitos horrísonos. Con estas potencias do abismo debe lidar o noso heroe.
Ficha técnica
Ilustrador: Lázaro Enríquez
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483024638
Idioma: Gallego
Número de páginas: 72
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/12/1999
Año de edición: 1999
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 13 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 13 anos en diante
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 89.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Bieito Iglesias
Bieito Iglesias Araúxo (Quintián, Coles, 1957). Licenciado en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Secundario en Santiago de Compostela. Colaborador literario en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Tempos novos e Dorna). Como traductor realizou a versión galega, en colaboración con Manuel Vázquez, da serie de Sherlock Holmes de A. Conan Doyle (1995). Como ensaista participou no volume Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1991). Como narrador ten publicados: Luanda (1990), relato policial; Aventura en Nassau (Xerais 1991), contos; Vento de seda (Xerais 1992), novela; Miss Ourense (1994), relatos policiais; Conta os latidos (1995), novela curta; «Non sabía que doía tanto», incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O mellor francés de Barcelona (1999), relatos; A noite das cabras do aire (Xerais 1999), Premio Merlín 1999; A vida apoteósica (Xerais 2001), novela; A historia escríbese de noite (2001), novela, premio García Barros; e os relatos " Hotel Arriaga " publicado en Materia prima (Xerais 2002) e " Momentos decisivos " publicado en Longa lingua (Xerais 2002). En 1999 obtivo o premio Ciudad de Salamanca coa novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (Algaida 1999).