📗 Libro en gallego A NOITE NAS PALABRAS

SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478242740

Estudios literarios Poesía

Sinopsis de A NOITE NAS PALABRAS

Toda palabra, por definición, é escura. Ilumina coa súa soa mención unha parcela da escuridade do mundo, aquela á que apela, pero oculta outra, aquela que rodea ó que remite. A noite, pois, vive na palabra, é a súa compañeira ineludible, vive en íntima comuñón coas súas sílabas. O labor do crítico resulta paradoxal, pois consiste en penetrar nesa noite co mesmo instrumento có empregado polo escritor: a palabra. Polo tanto, ó crítico -calquera crítico- o único que lle queda é aprosimarse a esa noite tratando de botar algunha luz de entendemento sobre as zonas opacas dos textos.

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478242740

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/05/2001

Año de edición: 1996

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Alto: 21.0 cm
Ancho: 15.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Román Raña


Román Raña (Vigo, 1960). Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa. Profesor de Lingua e Literatura galegas en Vigo. Membro do consello de redacción do Faro das Culturas. Ten publicado como ensaísta a edición crítica de De catro a catro e outros textos de Manuel Antonio (Xerais 1989); Mesteres de Arcadio López Casanova (Xerais 1999); Manual e escolma do Rexurdimento; A vixilia no Gólgota infinito. As liñas temáticas de Lanza de soledá, Premio literario Ánxel Fole; e A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de posguerra (1995). Como poeta Retrato de sombra en outono (1981), Premio Celso Emilio Ferreiro, 1980; Nas areas doutro mar (1984), Premio Cidade de Ourense; Extramuros da noite (1985); Da muda primavera (1987), Premio Esquío. Como narrador “Botella náufraga” (1980) e “O último hexagrama»” (1985), finalista e primeiro Premio do Pedrón de Ouro; e a novela O crime da rúa da moeda vella (Xerais 1989), Premio Blanco Amor.
Descubre más sobre Román Raña
Recibe novedades de Román Raña directamente en tu email

Opiniones sobre A NOITE NAS PALABRAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana