Era xa pola noitiña cando chegou á casa. Abriu a porta do patio e entrou. Parou uns momentos escoitando, mirando. Logo foi á corte e viu as vacas roendo na palla por riba do carro. As pitas no poleiro, os porcos ganindo no cortello, esperando pola calda da cea. Na eira oíanse os rapaces que brincaban entre os palleiros e os hórreos. Xandón pechou a porta da cortee subiu as escaleiras. Entrou na casa. Carolina estaba pelando patacas na cociña, á beira do lume, sentada nun tallo, co pano posto na cabeza, anoado debaixo do papo. Ó velo diante, tremeu e quedou coma inmobilizada.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475076836
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 08/05/2001
Año de edición: 1993
Plaza de edición: Vigo
Peso: 176.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Fernández Ferreiro
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.