ABRAPALABRA!

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498653113

Pedagogía Didáctica y metodología

Sinopsis de ABRAPALABRA!

Ollo con este libro, vaia mago que vas dar!A lingua é máxica. As palabras lense de arriba a abaixo, de esquerda a dereita… e ata en diagonal! A que non sabías que ti podes ser tamén un mago? Coas palabras podemos xogar. Coas palabras podemos brincar. Coas palabras podemos gozar. Cal é o teu nivel? Aprendiz de Mago?, Mago?, Supermago? ABRAPALABRA! é un dos libros máis estraños (por divertido, por curioso), de todos cantos teñas visto na vida. Porque cantos libros coñeces que se soteñan de pé? É o que ten a maxia. Que nos permite facer este tipo de cousas. Para escribir ABRAPALABRA! xuntáronse dous magos ben interesantes, cada un deles especialistas nun tipo de ilusionismo diferente. Por unha banda, Antón Cortizas, mago máis que recoñecido na arte de xuntar letras pero non á maneira habitual. Este mago é quen de escribir do dereito e do revés, e da súa pluma máxica saen poemas só cunha letra, con formas singulares, ou con outras palabras dentro que vas ter que descobrir. O outro mago é Carlos Coira, un dos de chisteira e variña. Afeito dende hai moitos anos a sacar coellos de onde non se espera e en facer desaparecer calquera obxecto grande ou pequeno. El vaiche ir guiando para que aprendas a ser de cada vez mellor mago. Dende o nivel de "aprendiz" ata "supermago" hai un treito que o libro che axudará a cruzar. Os dous magos xuntáronse para, entre os dous, e co traballo de ilustración dese outro mago, dos pinceis, das formas e das cores que é Jacobo Fernández Serrano, elaborar este libro que che vai permitir gozar da maxia das palabras galegas pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre todo, moi moi moi doado.

Ficha técnica


Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano

Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498653113

Idioma: Castellano

Número de páginas: 58

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 22/11/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es

Colección:
Libros singulares e fóra de colección

Número: 82
Alto: 30.0 cm
Ancho: 21.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Antón Cortizas


Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988; «Xiganano ¿onde estás?» (1990); «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991; «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015); «A bruxa sen curuxa» (1993); «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013); «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995; «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996); «Leonel» (Xerais 1996); «Contos de vento e de nunca acabar» (1999); «Dominicus o dragón» (2001); «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001); «¡Cázame ese pensamento!» (2001); «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.
Descubre más sobre Antón Cortizas
Recibe novedades de Antón Cortizas directamente en tu email

Opiniones sobre ABRAPALABRA!


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana