Agosto do 36, "unha novela tensa e violenta" -en palabras do seu autor-, narra un "paseo" protagonizado por catro falanxistas e do que foron víctimas, nos primeiros días da Guerra Civil, unha parella de mestres rurais. É unha crónica dunha morte anunciada na que o autor escolle a voz colectiva dos veciños para contar os verdadeiros móbiles e antecedentes dun crime que tiña máis de vinganza persoal premeditada e liquidación de vellas xenreiras entre familias que de asunto político.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475076072
Número de páginas: 141
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Fernández Ferreiro
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.