Sinopsis de AINDA, O CAPITAL. NOVAS PERSPECTIVAS ACERCA DE MARX E O CAPITAL EN ALEMANIA
Louis Althusser xa advertira que Marx fora un filósofo que recusou escribir“filosofía”, cando menos de forma tradicional. Ao escribir O Capital Marx tería practicado a filosofía que nunca escribiu. Esta práctica está contida no achado teórico de Marx que sería o da teoría da historia e a economía política, a descuberta do capital, que Marx practica sen producir un concepto de seu, novo, nunha obra filosófica rigurosa. Os textos que Aínda, O Capital lles presenta ao lector e a lectora aprofundan nesta descuberta teórica.
Unha vez máis na longa historia das diferentes recepcións de O Capital e os escritos que o contornan, Aínda, O Capital pretende ofrecer unha lectura con novos materiais críticos. Non obstante, sería inxenuo pensar que dun tal confronto cos textos de Marx ten de xurdir unha lectura certa e inequívoca que vaia dar resposta a todas as cuestións que o capitalismo suscita. Interpretacións contrapostas de Marx ten habido e, afortunadamente, moitas outras haberá. Aínda, O Capital quere contribuir a isto nun debate galego que está por realizarse. Os seis textos que nel se presentan non son a interpretación certa de Marx. Son unha posibilidade de lelo e reflesionalo.
Ficha técnica
Traductor: José María Durán Medraño, P Bouzas
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484871668
Idioma: Gallego
Número de páginas: 191
Tiempo de lectura:
4h 29m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/10/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Especificaciones del producto
Opiniones sobre AINDA, O CAPITAL. NOVAS PERSPECTIVAS ACERCA DE MARX E O CAPITAL EN ALEMANIA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!