Animado polo éxito de crítica e público do primeiro libro de Anamarciana (Premio Lecturas 2001 da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil- GALIX), Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo, marcha de vacacións. Este ano vai a Europa, un satélite do planeta Xúpiter. Europa é ideal para estar fresquiños e practicar todo tipo de deportes, como patinar no xeo, mergullarse e ir ás luras. Anamarciana: vacacións en Europa é un libro de ciencia ficcción para os primeiros lectores, escrito e ilustrado por Alberto Varela Ferreira. Unha nova achega desta serie iniciada na colección Merlín, onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espacios siderais.Animado polo éxito de crítica e público do primeiro libro de Anamarciana (Premio Lecturas 2001 da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil- GALIX), Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo, marcha de vacacións. Este ano vai a Europa, un satélite do planeta Xúpiter. Europa é ideal para estar fresquiños e practicar todo tipo de deportes, como patinar no xeo, mergullarse e ir ás luras. Anamarciana: vacacións en Europa é un libro de ciencia ficcción para os primeiros lectores, escrito e ilustrado por Alberto Varela Ferreira. Unha nova achega desta serie iniciada na colección Merlín, onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espacios siderais.
Ficha técnica
Ilustrador: Alberto Varela Ferreiro
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483029640
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 18/03/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.4 cm
Peso: 78.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alberto Varela Ferreiro
Alberto Varela Ferreiro é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º premio do concurso de cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio Continuará da Facultade de Sant Jordi ou o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. En Xerais, como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (2000), «Anamarciana. Vacacións en Europa» (2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (2005), e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (2004), «Lume!» (2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (2009). En banda deseñada publicou «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» (2018), «Wolfram» (2020) e «Plus Ultra. Transición ao futuro» (2022).