Kalandraka Editora - 9788413433219
Un percorrido pola mitoloxía e as crenzas populares en compañía dalgúns dos seus personaxes máis coñecidos. Dende o Centauro ao Lobishome, do Unicornio á Esfinxe, protagonistas dos nosos soños e dos nosos medos que nos acompañan dende o principio dos tempos.
Hai animais verdadeiros, reais, e outros fantásticos, marabillosos, nados da imaxinación, que pasaron a ocupar un espazo no imaxinario poéticodas civilizacións, nas mitoloxías, nos libros de contos e lendas tradicionais, e que sentaron as bases da literatura fantástica tal e como a coñecemos hoxe.
Nesta galería literaria e visual, José Jorge Letria e André Letria, pai e fillo, presentan unha selección de 19 destes animais máxicos, rescatándoos doesquecemento. Unha viaxe a través da memoria e da imaxinación creadora dos pobos, que lograron concentrar as súas esperanzas, os seus soñose os seus medos en seres fantásticos creados precisamente por ese imaxinario colectivo.
Especificaciones del producto
Escrito por José Jorge Letria
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!