📗 Libro en gallego AS BOLBORETAS DO MEKONG: CADERNO DE INDOCHINA

Caderno de Indochina

Edicións Xerais - 9788491214502

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de AS BOLBORETAS DO MEKONG: CADERNO DE INDOCHINA

No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491214502

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/11/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 321.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Cesáreo Sánchez Iglesias


Cesáreo Sánchez Iglesias (1951) publicou en 1978 o poemario «Silencios e conversas de Inverno». Logo virían «Antonte das salamántigas» (1980), «O cántico da fonte» (1982), «Ortigas da memória» (1985), «Mar do fin da terra» (1987), «A árvore das sete palavras» (1989), «Do olvido o río» (1993), «O rostro da terra» (1996), «A escrita do silencio: Antoloxía persoal» (1997), «Evadne» (1999), «O rumor do distante» (Premio Esquío 2000), «Variacións nube» (2004), «Escrita luz» (2006), «O paraíso das sombras» (2009), «Caderno do Nilo» (Xerais, 2013, Premio Antón Losada Diéguez 2014), «Tempo transfigurado» (2017), «As bolboretas do Mekong» (Xerais, 2018) e «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» (Xerais, 2022). É presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Descubre más sobre Cesáreo Sánchez Iglesias
Recibe novedades de Cesáreo Sánchez Iglesias directamente en tu email

Opiniones sobre AS BOLBORETAS DO MEKONG: CADERNO DE INDOCHINA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana