📗 Libro en gallego AS ULTIMAS GALERIAS

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498656190

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AS ULTIMAS GALERIAS

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia. Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter. O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións, pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Álvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Álvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498656190

Idioma: Gallego

Número de páginas: 204
Tiempo de lectura:
4h 48m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/06/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Número: 337
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 1.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé María Álvarez Cáccamo


Descubre más sobre Xosé María Álvarez Cáccamo
Recibe novedades de Xosé María Álvarez Cáccamo directamente en tu email

Opiniones sobre AS ULTIMAS GALERIAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana