Lala Rus descóbrenos unhas fadas que cantan as súas propias cancións, mais tamen exercen de bibliotecarias, pescantinas, adestradoras, labregas, actrices, voluntarias en oenegues, fotógrafas... Ademais, por teren a condición de fantásticas, poden ir aos salóns de peitado de sereas, ser amigas do Eco, xogar coas nubes, competir en carreiras de canguros e voar no cantar do cuco.
Ficha técnica
Ilustrador: Ana Tasende
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763288
Idioma: Gallego
Número de páginas: 68
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 03/09/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Árbore a partir de 10 anos
Árbore a partir de 10 anos
Número: 273
Alto: 19.9 cm
Ancho: 12.7 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 88.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por XOAN BABARRO
Xoán Babarro. Natural de Calvelo de Zorelle, no concello ourensán de Maceda (1947), compaxina o ensino e a investigación coa creación literaria. Doutorouse en Filoloxía cunha tese sobre o galego de Asturias, unha variante lingüística que utiliza en obras de creación como Píllaras. Canciois del Navia. Foi galardoado co Premio Pura e Dora Vázquez de narración (con Palabra era un universo paralelo) e co Premio Arume de poesía (con A princesa de Taramundi), entre outros. Obras súas son Hilario e os tres medos (2017), Sálice e Sándala. Salvados por unha uña negra (2022) e Garabitolas (2023). Nesta nosa colección de Galaxia publicou As máscaras do profesor Robindra (2015), Teño oito anos e quero ser youtuber (2019) e Carliños capitán! (2022), entre outras.