A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que lle pasou a Gabriel e iso é o que che pode pasar a ti se te atreves a camiñar polas páxinas deste libro. Entra no «Andel secreto» e acompaña a Gabriel e á súa veciña Lucía a coñecer un mundo cheo de maxia que, como comprobarás, está máis preto do que imaxinas.
Ficha técnica
Ilustrador: Víctor Rivas
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411105491
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/06/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 181.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Miguel Ángel Alonso Diz
Miguel Anxo Alonso Diz (Madrid, 1976). Licenciado en Economía, compatibiliza o exercicio da docencia coa súa actividade literaria e con diversas colaboracións en Radio Allariz e en varios blogs. Ten participado en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal, así como na meirande parte dos festivais de poesía que se organizan en Galicia. Destaca o seu labor como contacontos, así como as súas colaboracións cos servizos de dinamización lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita. En 2012 deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso coa obra «O cullarapo Croque». Outros títulos seus son «A nena á que non deixaban ser feliz»; «O soño de Esther»; «O valente coello que quixo soñar», «Mel, unha mosca agradecida» ou «O país da choiva». En 2017 obtivo o Premio Paraugas do Clúster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano xunto a Xosé Tomás. En Xerais ten publicadas as novelas infantís «Música no faiado» (2018), «Instrucións para ler este libro» (2022), «Axencia Galega de Asuntos Máxicos» (2024) e «De príncipes, princesas e outras andrómenas» (2025).