📗 Libro en gallego CAMPOS DE CUBA (GALLEGO)

XERAIS - 9788497821834

Historia y técnica

Sinopsis de CAMPOS DE CUBA (GALLEGO)

Tras “Cita na Habana”, o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece “Campos de Cuba”, álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi Torres, estudante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota, segundo a súa propia definición. A estes títulos engádese agora o de desertor. Maxi vive na Habana baixo unha falsa identidade. No comezo desta aventura é capturado polos seus antigos compañeiros de exército e levado á fortaleza do Morro, onde está a agardalo un consello de guerra con trámite previo a un máis que probable fusilamento. Pero Maxi vaise rebelar contra o seu destino… cunha pequena axuda dos seus amigos. Tamén entrará en contacto con Chinito, un xefe mambí que anda argallando unha importante operación que pretende cambiar o curso da guerra. Ao remate, vai ser Maxi quen intente cambiar o curso da operación de Chinito.Campos de Cuba é, pois, a segunda entrega da serie que Fran Jaraba iniciara en 2000 con Cita na Habana. Froito de catro anos de demorado e conciezudo traballo este novo libro de cómic supón a consolidación definitiva desta serie de Jaraba como a máis importante das publicadas ata hoxe en lingua galega. 

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497821834

Idioma: Gallego

Número de páginas: 56

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/07/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - CÓMICS

Alto: 31.0 cm
Ancho: 23.0 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 571.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Fran Jaraba


Fran Jaraba (Pontevedra, 1957) é un dos grandes ilustradores galegos. Arquitecto, profesor de debuxo de Educación Secundaria, colaborador das revistas "Can sen dono", "Golfiño", en 1979 promoveu xunto con Xan López Domínguez e Miguelanxo Prado a publicación "Xofre", unha das primeiras revistas de cómic que se editaron en Galicia. En 1980 obtivo o primeiro premio do concurso nacional de cómic para nenos, organizado pola Agrupación Cultural O Facho, coa historieta "A insólita aventura de Manoliño catro ás". Dende entón leva ilustrados máis de cincuenta libros no ámbito da edición infantil e xuvenil, entre os que destacan títulos como "A volta a Galicia en corenta pontes e media" (cómic, 1986), "A formiga coxa" (Xerais, 1989), "O rescate do peneireiro" (Xerais, 1990), "Lonxe do mar" (1991), "Bichos con gaseosa" (1992), "O tesouro do dragón Smaug" (1992), "As tundas corredor" (1993), "Cando petan na porta pola noite" (Xerais, 1994), "A expedición do Pacífico" (Xerais, 1994), "Un troll no faiado" (1995), "Estampado" (1998), "Matapitos.com" (Xerais, 2000), "Lúa e os nubeiros" (2.000) e "Contos para levar no peto" (Xerais 2001).Como autor de cómic publicou "Cita na Habana" (Xerais 2000) "Campos de Cuba" (Xerais 2004), ''Terra libre'' (Xerais 2008) en edicións simultáneas en galego e castelán.
Descubre más sobre Fran Jaraba
Recibe novedades de Fran Jaraba directamente en tu email

Opiniones sobre CAMPOS DE CUBA (GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana