Kalandraka Editora - 9788484644385
Unha edición especial dun clásico do Nadal cun diorama deseñado polos autores para xogar cos seus personaxes e representar a historia.
O seu pai advertiuno: os Reis Magos non lles deixan regalos aos nenos que están espertos. Pero na metade da noite, Martiño
espertou con moitas ganas de mexar. Cun texto rítmico, cheo de humor, e unhas ilustracións que destacan pola súa expresividade e forza comunicativa, este particular conto de Nadal mostra a emoción que un neno experimenta nunha das noites máis especiais do ano. Unha historia publicada hai máis de 25 anos que segue cativando a pequenos e maiores e que regresa ás librarías nunha nova edición cun diorama deseñado polos autores co que poderás recrear a casa do seu protagonista e vivir as súas intensas emocións, para seguir cantando xuntos:
O tren de Martiño, chu, chu, chu,
vai polo camiño, chucu, chucu, chu.
Especificaciones del producto
Escrito por Chema Heras
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
Tapa blanda
Rubén Ibeas y Marco Álvarez