Avendaño e Patiño -e vicecervexa-, entre liña e fonema, palabra e imaxe, a circulación -e mesmo a ululación- do intervalo, do entre-medias, do entre dous. O que é o mesmo que dicir: a interrupción e, ao tempo, o afán -interminable- da reapropiación, da suxestión nun do que vén do outro e de fóra de un mesmo. Dicía, próximo, Nietzsche: Por que dous? por que dúas falas para dicir unha mesma cousa? Porque aquel que a di, sempre é o outro. Ritmo, entre-dous, curto-circuíto entre escribir e pintar, palabra-imaxe, isto é Caosmos: O caosmos permítenos habitar o intermedio. Ou como diría nun murmurio John Cage, e non pode haber sentenza mellor para rematar: Water writes always in plural.
Ficha técnica
Ilustrador: Anton Patiño
Editorial: Editorial Elvira
ISBN: 9788412260984
Idioma: Gallego
Número de páginas: 208
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/03/2022
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Es
Alto: 24.0 cm
Ancho: 16.8 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 680.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alberto Avendaño
Alberto Avendaño residiu 30 anos nos Estados Unidos e, recentemente, regresou a Galicia para seguir escribindo. Como xornalista traballou para "The Washington Post" e recibiu tres Premios Emmy da Academia da TV dos Estados Unidos. Formou parte do Grupo Rompente, xunto a Antón Reixa e Manuel Romón, que revolucionou a poesía galega nos anos da transición á democracia española. Parte da súa obra poética está publicada en castelán e inglés nos Estados Unidos, onde é membro da Academia Norteamericana de la Lengua Española. En literatura para lectores novos, Avendaño conta con dous Premios Barco de Vapor en Galicia.