Trinta e tres entrevistas realizadas a persoas que, por unha razón ou outra, o coñeceron persoalmente. Tamén as voces daqueles que se achegaron a el a través da súa obra. Mulleres e homes de todos os eidos: médicos, escritores, críticos literarios, empresarios, profesores universitarios, políticos, editores, libreiros... Todos eles van debullando un retrato do autor de ILUSTRÍSIMA: as calidades da súa escrita, o seu traballo de editor, as facetas da súa personalidade. Un libro de homenaxe que inclúe unha biografía rigorosa e sucinta, a cronoloxía da súa obra e un álbum fotográfico no que se reflicten momentos sinalados da súa vida.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498654714
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/03/2013
Año de edición: 2013
Plaza de edición: Es
Colección:
Reportaxe
Reportaxe
Número: 9
Alto: 21.0 cm
Ancho: 24.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Rafael Laso Lorenzo
Rafael Laso (Xinzo de Limia, 1965) é escritor e enxeñeiro técnico industrial, na especialidade de electricidade. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Por que Baldomero Quintáns? (2006), Premio de Narrativa Pura e Dora Vázquez; Un desexo de mil dólares (2006), Premio de Narrativa Manuel Oreste; Memoria contra Alzheimer (Xerais 2008); A vida que non é (2007); O trasmundo de Antioquia (2009); Unha vida de ra (2010), finalista no Frei Martín Sarmiento 2011; Cartas ao director (2012), finalista no Pura e Dora Vázquez 2011. Distintos relatos seus viron a luz en varios libros colectivos: Relatos de verán 2002, A Coruña á luz das letras, Relatos a Orola, Curtis treme: relatos de terror, Limiaxinacións. Acadou tamén o premio de narrativa longa Airiños do Xunco 2007 do concello de Cervo e o premio de microrrelato Carlos Casares 2011 do Liceo de Ourense.