📗 Libro en gallego CARLOS G.REIGOSA

XERAIS - 9788497824781

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CARLOS G.REIGOSA

Autor de milleiros de artigos, relatos curtos e novelas, Carlos G. Reigosa deixou en todos eles a pegada da súa paixón de pescudar e contar aquilo que esperta a súa curiosade pola vida e pola procura da verdade. O presente volume de ensaios, editado por Ángel Basanta, constitúe o primeiro achegamento sistemático tanto a súa obra literaria como a súa traxectoria biográfica e profesional. Así, Ángel Basanta analiza no primeiro o conxunto da obra literaria no ensaio “Carlos G. Reigosa: Paixón por saber e arte de contar”; Federico Cocho debulla no segundo as “Circunstancias xornalísticas de Reigosa”; e León T. Vivanco proporciona no derradeiro, “Bibliografía e pico”, unha documentada cronobiografía enriquecida por un valioso apartado fotográfico. Un libro indispensable para profundizar no coñecemento dunha das figuras cimeiras da literatura galega das tres últimas décadas. Un volume, tamén, que abre a serie “Estudos Literarios” coa que Xerais pretende abordar a publicación de traballos sobre a obra de autores e autoras contemporáneos.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497824781

Idioma: Gallego

Número de páginas: 120
Tiempo de lectura:
2h 46m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/09/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por ANGEL BASANTA


Descubre más sobre ANGEL BASANTA
Recibe novedades de ANGEL BASANTA directamente en tu email

Opiniones sobre CARLOS G.REIGOSA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana