Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala. Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión polos hábitos urbanos máis tópicos, actuais e recoñecibles para a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida. A ilustración, con inspiración africana, é alegre e colorista; expresa con mestría diferentes perfís humanos, encarnados nos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración.