📗 Libro en gallego CONTOS PRODIXIOSOS II

XERAIS - 9788497821155

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de CONTOS PRODIXIOSOS II

Estes dous volumes de Contos prodixiosos completan a colección Cabalo buligán, nacida hai cinco anos para recuperar e actualizar o conto popular de tradición oral galego. Preparados como as anteriores entregas polos escritores lucenses Xosé Miranda e Antonio Reigosa, a partir de versións orais existentes na actualidade, estes contos prodixiosos dan conta de algo ou alguén extraordinario que intervén na breve historia que refiren. Ás veces, o prodicio, a marabilla, é obra dun ser sobrenatural; outras, en cambio, é produto da habilidade e da capacidade dun personaxe listo que supera a situación con intelixencia. Sempre, en todo caso, como sinalan os autores, será o lector o que faga posible o prodicio do que se fala. O segundo volume, Contos prodixiosos II, que completa a vintena de entregas de Cabalo buligán, pon a disposición dos lectores contos que, dentro da clase de contos fantásticos, pertencen a unha nova categoría, a dos chamados relixiosos, pois son sempre protagonizados por Deus, por Xesús, polos santos e polo demo. Con todo, baixo a superficie pía destes contos, estásenos contando algo ben semellante o que se estaban contando nos de maxia, marabillosos, fantásticos ou de encantamento. Son estes, pois, estes os contos relixiosos de Cristo e san Pedro peregrinos en Galicia. O volume ilustrado por Chus Ferrín, inclúe o conto “o vello e as lampadiñas da vida”, preparado por Antonio Reigosa e unha serie doutros máis breves, reesritos por Xosé Miranda, como “Cristo e san Pedro en Galicia”, “Os tres desexos”, “A fonte no cu do lobo”, “o ladrón transformado en asno”, “o pecador resucitado”, “A devota e o blasfemo”, “Por qué é calvo san Pedro”, “por qué a lúa está marxada”, “As tres rosas” ou “A fuxida de Exipto”.

Ficha técnica


Ilustrador: Chus Ferrín

Editorial: Xerais

ISBN: 9788497821155

Idioma: Gallego

Número de páginas: 80

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/03/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - CABALO BULIGÁN - Contos prodixiosos

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 0.6 cm
Peso: 181.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Miranda


Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".
Descubre más sobre Xosé Miranda
Recibe novedades de Xosé Miranda directamente en tu email

Opiniones sobre CONTOS PRODIXIOSOS II


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana