Sofán do Val desapareceu do mapa por decisión gobernamental ao ser asolagado polas augas para coverterse nun encoro. Os habitantes daquela localidade tiveron que asentarse noutros lugares de Galicia, pero da memoria deles nunca se borraron as lembranzas de todo o vivido, como lle ocorreu ao señor Noé quen, coa neta Isaura, visitan a miúdo aquel espazo. aquí onde os dous, avó e neta, unidos por unha grande complicidade, teñen sorprendentes e inexplicables vivencias que influirán para sempre nas súas vidas.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Embora
ISBN: 9788492644711
Idioma: Gallego
Número de páginas: 106
Fecha de lanzamiento: 20/02/2014
Año de edición: 2014
Plaza de edición: Ferrol
Especificaciones del producto
Escrito por Concha Blanco
Concha Blanco Blanco (A Coruña, 1950) exerceu como profesora de Lingua e Literatura galega en distintos centros. Autora dunha extensa obra dirixida ao público infantil e xuvenil entre as que destacan "Quero que veñan meus pais", Premio Lecturas Galix, 2002 e "¡A min que me importa!", accésit Premio Lazarillo, 1997. En Xerais ten publicado "A aventura das cores" (1998), "As noites de Xián" (2014) e «Eu tamén fun pequeña» (2023).