📗 Libro en gallego DERRADEIRA ESCOLMA FERIDA

De onte, de hoxe, de mañán

Edicións Xerais- 9788483028964

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de DERRADEIRA ESCOLMA FERIDA

Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove, 1990). Con ela péchase o ciclo, que comezara coa Escolma ferida (1977) e que continuou, ademais doutros libros poéticos, con Nova escolma ferida (1988). Este poemario inédito e póstumo, que o autor deixou disposto para a súa publicación, nesta ocasión en edición de Ramón Nicolás e con limiar de Xesús Alonso Montero, é tamén unha revisión actualizada da súa obra anterior, un achegamento á rotundidade e ao lirismo da súa voz, unha ocasión para revisitarmos a polifonía e sinceridade dun autor cuxa obra o tempo non eslúe nin desgasta.Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove, 1990). Con ela péchase o ciclo, que comezara coa Escolma ferida (1977) e que continuou, ademais doutros libros poéticos, con Nova escolma ferida (1988). Este poemario inédito e póstumo, que o autor deixou disposto para a súa publicación, nesta ocasión en edición de Ramón Nicolás e con limiar de Xesús Alonso Montero, é tamén unha revisión actualizada da súa obra anterior, un achegamento á rotundidade e ao lirismo da súa voz, unha ocasión para revisitarmos a polifonía e sinceridade dun autor cuxa obra o tempo non eslúe nin desgasta.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483028964

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/10/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 244.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lueiro Rey


Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes 1916-O Grove 1990) estivo sempre comprometido coas ideas democráticas e militou clandestinamente no Partido Comunista. Desenvolveu unha abondosa produción literaria iniciada en 1950. En 1966 consegue o Premio Ciudad de Oviedo con Manso, novela que se publicará censurada en España, traducida íntegra ao galego en 1996. En 1968 editouse en Buenos Aires Vicente y el otro, e a partir de entón publicou, entre outros, La noche espera el alba (1971), Un tempo de sol a sol (1971), Non debían medrar (1974, Xerais 2016), Escolma ferida (1977), O sol na crista do galo (1982, Xerais 2003), Crónica de una transición intransigente (1985) ou Nova escolma ferida (1988). Postumamente publicáronse, entre outros, Camino de sueños (1992), Memoria de la raíz de las casas (1992) ou Derradeira escolma ferida (Xerais 2003), así como o libro O Grove: canción do sal e do vento (Xerais 2005).
Descubre más sobre Manuel Lueiro Rey
Recibe novedades de Manuel Lueiro Rey directamente en tu email

Opiniones sobre DERRADEIRA ESCOLMA FERIDA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana