📗 Libro en gallego DO ESTIGMA A ESTIMA.

Propostas para un novo discurso lingüístico

Edicións Xerais - 9788499144535

Estudios lingüísticos Lingüística del gallego

Sinopsis de DO ESTIGMA A ESTIMA.

Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas. Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente. Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas. Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente.Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499144535

Idioma: Gallego

Número de páginas: 320
Tiempo de lectura:
7h 36m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/04/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua

Número: 134
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.3 cm
Peso: 477.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Valentina Formoso Gosende


Valentina Formoso Gosende (Ribademar-Outes, 1970), licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e hispánica, doutorouse coa tese A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representacións sociolingüísticas. Profesora na actualidade de lingua galega, literatura galega e portugués no ensino secundario, a súa traxectoria profesional estivo sempre ligada ao ámbito da normalización lingüística: creación e dirección do departamento de normalización lingüística na Confederación de Empresarios de Galicia, participación e dirección de Equipos de normalización lingüística de centros de ensino, e coordinación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). Conta con publicacións, fundamentalmente centradas neste campo, en revistas especializadas (Ela, revue de sociolingüistique, Lengas, entre outras) e en obras colectivas. Tamén leva investigado e publicado artigos sobre fonética e terminoloxía científico-técnica, traballos que aparecen recollidos en obras como Manual de galego comercial, Dicionario de termos económicos e empresariais e Vocabulario do sector téxtil. Ademais, impartiu conferencias e actividades formativas sobre sociolingüística, desenvolveu proxectos europeos e coordinou proxectos premiados en innovación educativa.
Descubre más sobre Valentina Formoso Gosende
Recibe novedades de Valentina Formoso Gosende directamente en tu email

Opiniones sobre DO ESTIGMA A ESTIMA.


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana