Sinopsis de DORNA SAUDAL. POEMAS DO MAR E LEXICO MARIÑEIRO
"Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García" é unha compilación dos textos poéticos do escritor de Laxe que teñen relación co mar e en particular coa Costa da Morte ou «costa brava», topónimo este último que adoitaban reivindicar nesa altura fronte ao primeiro que veu de fóra coma unha creación do xornalismo sensacionalista por mor da traxedia dos naufraxios e das súas lendas.
Unha parte dos textos xa foi agrupada polo propio autor baixo o epígrafe «Dorna saudal» no seu único libro de poemas A roseira da soidade (1954) e o resto destes poemas publicouse en revistas e xornais da época nos moitos anos da súa diáspora bonaerense.
O estudo introdutorio ábrese cunha breve anotación biográfica e unha análise do contido dos seus poemas descritivos do mar e da vida mariñeira, para rematar coa análise e un glosario do seu léxico mariñeiro.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Fervenza
ISBN: 9788417094072
Idioma: Gallego
Número de páginas: 349
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/06/2018
Año de edición: 2018
Especificaciones del producto
Escrito por Miro Villar
Miro Villar (Cee, 1965). Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada coa Tese A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo. Profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte e como poeta publicou Ausencias pretéritas (1992), 42 décimas de febre (1994), Abecedario da desolación (1997; premio Tívoli-Europa 1998), Equinoccio de primavera (1998; finalista do premio Tívoli-Europa 1999), Gameleiros (Xerais, 2002, co fotógrafo Manuel Álvarez) e As crebas (2011; premio Concello de Carral, 2010). Poemas seus foron traducidos ao castelán, portugués, italiano, francés, alemán, inglés, alemán, ruso, albanés e serbo-croata en Il cammino di Santiago. La giovane poesia d'europa nel 1997. Tamén figuran en numerosas revistas literarias, nos cartapacios colectivos Ao mar de adentro (1989) e A rota dos baleeiros (1991), e en varias antoloxías das que Xerais publicou Para saír do século (1997), Río de son e vento (1999), A tribo das baleas (2001), 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001) e Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte (2006). Tamén publicou narrativa e literatura infantil e xuvenil, con O nariz de Fiz (2009), A cobiza do verme Noel (2011), Rebelión na charca (2012) e en Xerais a serie Carlota, a marmota (2000), Carlota e a bota perdida (2003) e Carlota e a gaivota patiamarela (2006). Como narrador recibiu nos anos 1985 e 1987 o premio de relato curto Modesto R. FigueiredoPatronato Pedrón de Ouro por "Augas de silencio" e "Verbas cruzadas con Amaranta" (1987/1988) e a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene. E no eido do ensaio é autor de varias edicións críticas ou comentadas, como a Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (1995), Unha lectura de O soño sulagado (1998), Roberto Blanco Torres. Orballo da medianoite (Xerais, 1998), A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (1998), Indo para máis perto. A señardade no puño de Alexandre Cribeiro (Xerais, 2004), A roseira da soidade de Antón Zapata García (Xerais, 2005), Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez (2005) ou Bretemada de Gonzalo López Abente (2011), alén de ser coautor dos volumes de Publicacións periódicas e Obras no Diccionario da Literatura Galega (1997/1999) e, xunto a Xesús Alonso Montero, dos Textos e documentos para o congreso sobre García Lorca (1998).