📗 Libro en gallego DUAS LETRAS (CON DVD)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498654325

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de DUAS LETRAS (CON DVD)

Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con director, guionista, primeira actriz, making off, localizacións?), o texto literario, e dous traballossobre a emigración galega a América, a cargo de Víctor F. Freixanes, e outro sobre a correspondencia entre as dúas beiras atlánticas escrito por Francisco Castro. Dúas letras gravita en torno a carta que non dá chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza. Os autores foron quen de construir unha historia visualmente moi poderosa, rodada en branco e negro para suliñar a viaxe no tempo que nos propón, chea de tenrura e dureza. Un poema cinematográfico que está a engaiolar alí onde é representada. A xeira de recoñecementos comezaba no Festival de Cine de Bueu-2011, onde era galardoada co Premio do Público. Neste 2012, no cada día máis prestixioso festival de Cans, Dúas letras obtiña tres premios dos grandes. Por unha banda, os veciños déronlle o premio como Mellor Curtametraxe de Ficción, segundo recolle a acta:"porque é unha historia do mundo rural moi próxima coa que todos nos sentimos identificados. Tamén pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do seu fillo e porque todos coñecemos a historia dunha carta que estivemos esperando e nunca chegou". Igualmente, recibiu o premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e, para rematar, un dos máis cobizados: o Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra a Teresa Fraga, a protagonista. Segundo sinalou o xurado:"por ser un traballo veraz e emotivo. Nunca unha carta non escrita foi tan ben lida".

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498654325

Idioma: Gallego

Número de páginas: 48
Tiempo de lectura:
1h 2m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 23/06/2012

Año de edición: 2012

Plaza de edición: Es

Colección:
Varios

Número: 91
Alto: 24.5 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por FINA CASALDEREY


Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é mestra e escritora cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. É membro da Real Academia Galega. Para o público infantil publicou, entre outras: «Dúas bágoas por Máquina» (Xerais 1992), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; «A noite dos coroides» (1993), novela; «Chamizo» (Xerais 1994), novela; «¡Asústate, Merche!» (Xerais 1994), novela; «O misterio dos fillos de Lúa» (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; «O estanque dos parrulos pobres» (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; «Prohibido casar, papá!» (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; «¡Puag, que noxo!» (1997), conto; «Podesvir» (1997), conto; «Unha raíña negra» (1998), conto; «Cuca e o abrigo marrón» (1998), conto; «Nolo e os ladróns de leña» (1998), conto; «Ás de mosca para Anxo» (1998, Xerais 2002), novela; «Pimpín e dona gata» (1999), conto; «O misterio do cemiterio vello» (1999), novela; «Unha pantasma branca» (2001), conto; «O avó é sabio» (2002), conto; «O avó sae de paseo» (2002), conto; «A avoa non quere comer» (2002), conto; «A avoa ten unha menciña» (2002), conto; «Derradeira carta ós Reis Magos» (Xerais 2002), conto; «Eu son eu» (Xerais 2004), conto; «¿Quen me quere adoptar?» (Xerais 2005), conto; «O meu avó é unha gata» (Xerais 2005); «A lagoa das nenas mudas» (Xerais 2007), novela; «A Pomba e o Degolado» (Xerais 2007), novela; «¿E ti que farías por min?» (Xerais 2010), conto; «Un saco de estrelas» (Xerais 2010), conto; «O misterio do Faro Vello» (Xerais 2012), novela. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006; «Historia da bicicleta dun home lagarto» (Xerais 2014) e «O xenio da Cidade do Sal» (Xerais 2021). É coautora, xunto con Marilar Aleixandre, de «María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco» (Xerais 2018). En 2019 publica o álbum, ilustrado por Lucía Cobo, «A furgoneta branca» (Xerais 2019). «A Muller Xabaril» (Xerais 2023) é a súa primeira novela na colección Narrativa.
Descubre más sobre FINA CASALDEREY
Recibe novedades de FINA CASALDEREY directamente en tu email

Opiniones sobre DUAS LETRAS (CON DVD)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana