DUBIDO SE MATEI A LENA

Edicións Xerais - 9788483025864

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de DUBIDO SE MATEI A LENA

É de agradecer que a reflexión e a práctica das artes nos conduza a dubidar sobre a entidade dos actos. Este título feliz merece o texto que o acompaña. Trátase dun libro fráxil no que a dúbida é omnipresente. E a inseguridade arredor do que se é ou o que facer, o medo. O medo aos nomes, o medo a nomear. A penas se contabilizan nomes nin xeográficos nin persoais, e só os das mulleres: Lena, Brenda, Elba, as vocais sempre as de «ela». É un libro de derrotas, as victorias sempre hai quen as cante. Non é un tratado da condición feminina pero si un libro sobre as mulleres, cando menos sobre mulleres. O volume compóñeno vinteoito textos nos que as personaxes aparecen, vanse e semellan que volven, co mesmo nome pero xa distintas. Fragmentos de historias que, valéndose en por si, en conxunto forman unha historia maior. As mulleres vense de nenas e de adultas, como persoas e como parte das outras mulleres, da familia, dos homes, o que se espera delas. Vense desde dentro e desde fóra, os narradores en estilo indirecto libre, primeira e tereceira persoa altérnanse e ás veces sorpréndenos no medio dun relato a irrupción dun narrador ou narradora inagardada. As historias sitúanse case sempre ou na noite ou en penumbra, o frío e os invernos reflicten o desamparo físico e sentimental das protagonistas. As mulleres son violentadas sen delicto, case con fastío, coma se falásemos dunha rutina e nin se desen conta. Levan vidas de miseria e angústianse cando se ven inmobilizadas pola educación patriarcal. Angústianse polo tempo perdido e por non seren quen de ceibarse a pesar de seren conscientes de que a trampa que as aferrolla ten barrotes de ficción. A longa aprendizaxe do xénero xa afogou a súa sexualidade e dificultou as súas posibilidades de relación coa realidade. Diante desta situación caben varias respostas: o suicidio, a loucura, a obxectualización ou a violencia real ou intelectual como refuxio contra a traxedia. Quen isto asina celebra que obras coma esta se escriban entre nós. Agardamos máis.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483025864

Número de páginas: 72

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 04/12/2000

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Abismos

Número: 000028
Alto: 17.5 cm
Ancho: 11.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 55.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Medos Romero


Medos Romero (As Pontes, 1959). Diplomada en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela, como poeta publicou, entre outros, os títulos: "O pozo da ferida" (2006, Premio de Poesía Miguel González Garcés), "A ansia do lóstrego (2012), "Hortensia" (2020), "Peixes que esvaraban ao unísono" (2020, Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas) e "O sol era Ela" (2021, Premio de Poesía Afundación e Premio Nacional da Crítica).
Descubre más sobre Medos Romero
Recibe novedades de Medos Romero directamente en tu email

Opiniones sobre DUBIDO SE MATEI A LENA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana