Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que se esvaen, como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca. Momentos que non volven, e era absurdo tratar de retelos, porque non e posibel. Carla soportou os dias torturada polos seus propios desexos, e pediu a morte de veras decatandose do que era, e esta chegoulle un dia de outono, deitandoa espida sobre da herba. Ali ficaba Carla, nua, serena, coma unha deusa nun cadro de Boticelli, co mirar escuro de desamparo. Carla, soa e espida, gozou canto menos do seu instante final naquel lugar. Fechaba os ollos entregandose mentres duas folliñas de bidueiro lle caian no ventre, naquel ventre de deusa e de marmore rosaceo, naquela exquisita maneira de entregarse a mesma morte coa vida toda latexandolle nas mans. Entregada, nua, tal e como ela concebira a beleza por primeira vez, naquel outro corpo, na dor da sua vision, no desacougo daquilo que lle atraera tanto, cando ela se iniciaba ao mundo a traves duns ollos ainda inocentes, cando a pebida do sentir prendera nela, cando Carla se iniciaba no desexo, daquela, hai tempo, cando non soubo xa sair daquel lugar, atrapada, cando finou en si, cando Carla ainda ignoraba que era xa un ser dun so instante.
Ver más