📗 Libro en gallego ELA ATOPA UN NOME

LUIS VIVES (EDELVIVES) - 9788426356598

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de ELA ATOPA UN NOME

¿Que pensar cando estás lendo un libro e de repente as letras se desapegan do papel e botan a voar e entra un avión de debuxo pola fiestra e te leva polo aire porque no Mundo de Fóra necesitan unha técnica equilibrista de clase A para solucionar un problema de moita envergadura e resulta que esa persoa es ti? ¿Que facer cando, sen saber como e sen podelo evitar, te atopas vivindo unha aventura con personaxes que ata ese momento só habitaban nos libros e nas pantallas do cine? ¿Que dicir cando tantas cousas dependen de ti, que non es nada, es tan pouca cousa que nin sequera tes nome?

Ficha técnica


Editorial: Luis Vives (Edelvives)

ISBN: 9788426356598

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 18/03/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es
Número: 12

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo González


Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos "Algúns outros" (1991); "Da esfinxe" (1992); "As paisaxes compartidas" (1996), Premio Carvalho Calero; "Noites de papel" (1997), Premio Café Dublín; "Infidelicidades" (2002), Premio Narrativas Quentes; e as novelas "Arqueofaxia" (Xerais 1995), Premio Manuel García Barros; "O xardín das pedras flotantes" (Xerais 2008), Premio Xerais de Novela; Atl (Xerais 2012), Premio Blanco Amor de Novela, e "Cegoñas ao fondo da ría" (2015). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas "No outono das fragas" (1995); "Tanis I o Mocos" (Xerais 1998); "O que é a vida" (Xerais 2001); "Estanislao, príncipe de Sofrovia" (Xerais 2002); "Irmán do vento" (Xerais 2003), Premio Merlín e Premio Frei Martín Sarmiento; "Ela atopa un nome" (2005); "Unha pantasma no colexio" (2006); "O día despois do día" (2007); "Mundo Arb" (2011), Premio O Barco de Vapor; "Flor de área" (Xerais 2013) e "Ceiba de Luz" (Xerais 2017), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil; algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou "Animais de compañía" (1998), seleccionado para o catálogo White Ravens 2000; "O patadón" (2001 Xerais); "Piñeco" (2004), e unha versión do clásico "A leiteira" (1999). No campo do teatro, é autor de "Auto do Entroido" (1995), Premio O Facho e "A música da noite" (2001), Premio Estornela. Ademais, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como "Muralla de Cresconio 2", "Galicia Solidariedade", "Premios Pedrón de Ouro 1990-1991", "Unha liña no ceo. 58 narradores galegos", "Novo do trinque", "Contos de chistes, portas e sorrisos", "Educación e Paz III. Literatura galega pola paz", "Limiaxinacións", e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor "Retranca" (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.
Descubre más sobre Manuel Lourenzo González
Recibe novedades de Manuel Lourenzo González directamente en tu email

Opiniones sobre ELA ATOPA UN NOME


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana