Neste volume reúnese un conxunto epistolar de preto de medio centenar de textos, conxunto que abrangue un arco temporal que vai dende os días da Segunda República, concretamente dende a primavera e 1936 ata 1989, poucos meses antes do pasamento do poeta Xosé María Díaz Castro. A edición correu a cargo do crítico e profesor Armando Requeixo, quen xa se encargara antes da edición da obra completa e mais da biografía do poeta ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2014.